Benvidos a todos á biblioteca do CRA de Ribadumia

Un ano máis a nosa bilbioteca comenza o seu funcionamento. Este curso queremos ampliar as nosas actividades a todos aqueles que, ainda que non poidan achegarse persoalmente, queran saber o que nela acontece. Para empezar contarvos que ZAPATOCAS anda algo "enfurruñado", xa sabedes que a el o que máis lle gustan son os libros e, durante o verán, atopou algúns pintados, outros deteriorados e moitos mal colocados. Ao principio pensou facer as maletas e marchar... pero, despois dunha conversa coas mestras, decidiu que o mellor era crear o "HOSPITAL DOS LIBROS" e ensinar aos cativos que hai un lugar para cada cousa e cada cousa ten que estar no seu lugar.
Para os que ainda non saibades quen é ZAPATOCAS, explicarvos que naceu fai seis anos da man dunha meniña de Ribadumia e, dende enton, pasou a ser a mascota da biblioteca e da nome a nosa revista escolar de publicación anual.
chúzame -
sen dubida zapatocas tibo unha grande idea ¿habera enfermeiras especializadas en coidar libros?
Os cativos hai que ensinarlles iso e tamén que en caso que tal cousa non funcione os que mandan son os maiores, e si lles peta tamén os van a poñer a eles no seu sitio: OFREZOME VOLUNTARIO.
Graciñas pola vosa participación, xa sabedes que estamos abertos as vosas suxerencias